Gran acollida da I Festa Interxeracional de Chantada

Foto GPCC

O pavillón do colexio Eloísa Rivadulla acolleu o pasado domingo a I Festa Interxeracional do Concello de Chantada, cunha participación de 350 persoas. Este evento, que substitúe á antiga Festa da Terceira Idade, abre a celebración a todas as xeracións familiares. “Un éxito total, moitos maiores viñeron acompañados de fillos e netos. Para o vindeiro ano igual a plantexamos para o último sábado de xuño”, comentou o alcalde, Manuel Lorenzo Varela.
A concelleira de Servizos Sociais e Benestar, María Cándida Carnero, destacou a importancia de fixar unha data anual para a festa. “A xente estaba contenta de participar nun evento para todas as idades. Moitos pedían que se repetira cada mes. Queremos buscar unha data fixa para cada ano”.
A festa comezou ás 13:00h cunha Misa solemne, seguida dun cóctel de benvida e un xantar popular. A xornada rematou cunha sesión de baile ata as 21:00h. Durante a celebración sorteáronse fins de semana no Balneario Iberik Augas Santas e agasallos de empresas locais como Adegas Amedo, Viñedos Vía Romana e Gadis, entre outras. Todos os participantes recibiron tamén obsequios doados polo GDR Miño-Ulla.
“O éxito deste tipo de actos depende da participación de moitas persoas. Queremos agradecer a implicación do persoal do Concello e do CEIP Eloísa Rivadulla. Seguiremos con estas actividades que homenaxean ás familias e aos nosos maiores”, concluíu Manuel Lorenzo.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

XX Feira Tradicional Outrora de Rubián

Seguinte Nova

Chega a Galicia CulturON 2024

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio

Don't Miss