Lara Méndez, viceportavoz do Grupo Socialista, expresou a súa preocupación pola “situación dramática” da sanidade pública na área de Lugo – A Mariña – Monforte, acusando á Xunta e ao Partido Popular de “atentar contra a nosa saúde”. Durante o debate dunha proposición non de Lei para a creación dun plan de choque contra as listas de espera, rexeitado polo PP, Méndez mencionou a falta de médicos de familia, o peche de centros de saúde e a supresión de servizos de pediatría como exemplos da “mala xestión” do goberno galego. Méndez alertou sobre as esperas na área de Lugo – A Mariña – Monforte, con 86,7 días para consultas e 97,7 días para probas diagnósticas Criticou a actitude do novo conselleiro de Sanidade, sinalando que minimiza a importancia das listas de espera e reprochou ao PP que recurra ao goberno central como “comodín” para evadir responsabilidades.•