XX Feira Tradicional Outrora de Rubián

O Concello de Bóveda preparou para este domingo 14 de xullo, unha ampla programación de actividades

O alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, a concelleira de Cultura, Cristina Juiz, e o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, mostrando o cartel da Feira Outrora na Golada. Foto GPCB.

O domingo, 14 de xullo, o Concello de Bóveda vivirá a XX Feira Tradicional Outrora de Rubián. A xornada comezará ás 10:00 horas coa apertura dos expositores, que contarán coa participación de 35 postos variados. Ás 10:15 horas, terá lugar unha espectacular exhibición de escultura con motoserra. O ambiente festivo continuará ás 10:30 horas co pasarrúas a cargo do Grupo de Gaitas Municipal de Bóveda, animando as rúas con música tradicional.
Ás 11:00 horas abrirán os obradoiros do Centro de Artesanía e Deseño da Fundación Artesanía de Galicia, ofrecendo aos visitantes a oportunidade de coñecer de preto o traballo artesanal. Ás 11:30 horas, a concentración de vehículos clásicos atraerá a atención dos amantes do motor, mentres que na capela do Ecce Homo se celebrará a misa.
A música volverá ás 12:30 horas coa actuación dos ‘Amigos da Pandeireta’ de Monforte. Entre as 14:30 e as 16:00 horas, os asistentes poderán gozar dun xantar nos postos dos polbeiros.
A tarde estará chea de actividades e demostracións nos stands de Artesanía de Galicia.Ás 18:00 horas, a festa da escuma será un dos momentos máis divertidos para todas as idades.
A capela será o escenario do concerto da coral municipal de Bóveda ás 19:30 horas, e ás 20:00 horas levarase a cabo unha recreación etnográfica da malla. Ás 21:00 horas, o peche dos expositores coincidirá co tradicional Isco no guizo. A festa concluirá coa música do DJ Vizcaíno a partir das 23:00 horas.
Ademais, para que ninguén teña que elixir entre a festa e o deporte, instalarase unha pantalla para seguir a final da Eurocopa, permitindo que todos os asistentes poidan gozar do partido de España.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Xa está en marcha o servizo de transporte en microbús lanzadeira aos principais destinos da Ribeira Sacra

Seguinte Nova

Gran acollida da I Festa Interxeracional de Chantada

Últimas noticias sobre TURISMO

A %d blogueros les gusta esto: