Curso de manexo de colmeas para combater a velutina en Tuiriz

O curso de Turiz centrouse nos métodos preventivos para protexer as colmeas desta especie invasora
Foto GPVDL.

A área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo organizou un curso sobre o manexo de colmeas para combater a vespa velutina en Tuiriz, Pantón. A formación, impartida por técnicos da Casa do Mel de Goente, centrouse en métodos preventivos para protexer as colmeas desta especie invasora, combinando contidos teóricos e prácticos.
Esta iniciativa, realizada coa colaboración da Comunidade de Monte Veciñal en Man Común de Ferroedo, forma parte dun programa máis amplo de formación en apicultura impulsado pola área provincial. O obxectivo é actualizar os coñecementos dos apicultores e apicultoras e fomentar o interese por esta actividade entre a mocidade.
Desde o inicio do programa en xuño, xa se ofreceron cursos en Vilalba, O Valadouro e Xove. Nas próximas datas, celebraranse novas sesións en Muras, Cervo e Mondoñedo, abordando distintas cuestións relevantes para o desenvolvemento da apicultura.
Esta proposta nace da colaboración e diálogo coas entidades representativas do sector, complementando outras actuacións desenvolvidas recentemente coa Asociación Galega de Apicultura.

Próximos cursos

  • Muras: Iniciación á apicultura: 20, 21, 27 e 28 de xullo (de 9 a 14 horas) no Local Municipal de Carelle. Cría de raíñas con abella autóctona: 3, 4, 13, 15 e 16 de agosto (de 9 a 14 horas) no Local Municipal de Carelle.
  • Cervo: Formas de manexo na colmea para a loita contra a velutina: 14 e 15 de setembro (de 9 a 14 horas) no Museo do Mar de San Cibrao.
  • Mondoñedo: Formas de manexo na colmea para a loita contra a velutina: 23 e 24 de setembro (de 9 a 14 horas) no IES San Rosendo.
    Os interesados poden inscribirse no enderezo electrónico casadomel@vodafone.es ou chamando ao teléfono 661003616. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Presentación da Santa Cruz Bike 2024 en Sober

Seguinte Nova

O Concello da Pobra do Brollón lanza o programa de visitas guiadas de verán

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio