O pasado 19 de xullo, o Concello da Pobra do Brollón celebrou o Orgullo Guímaro. A xornada comezou na Casa da Cultura ‘Olga Novo’ coa inauguración da exposición ‘O amor entre mulleres, alén das marxes’, da ilustradora Paula Dacal. Logo tivo lugar o obradoiro ‘Ruralidades Queer’ en colaboración con Sete Outeiros. Para rematar houbo dun obradoiro de baile tradicional e e unha foliada queer nos bares da Avenida de Galicia.•