Ferreiros disfrutou coa improvisación oral do brindo, a regueifa e o freestyle no festival Brindadeira

Actuacións de brindo e regueifa no campo da festa de Ferreiros. Foto GPCAPB.

A parroquia de Ferreiros acolleu a pasada fin de semana a segunda edición do festival Brindadeira.
Brindadeira xurdiu como parte dunha iniciativa do goberno municipal para recuperar a tradición do ‘brindo’, un xénero de improvisación oral cantada propio das terras da Pobra do Brollón. Organizado polo Concello en colaboración coa asociación veciñal de Ferreiros, o festival combinou charlas, regueifa, freestyle e música, nunha celebración que atraeu a numerosos veciños e visitantes.
O programa comezou o sábado ás 19:00 horas no local social de Ferreiros coa charla ‘Brindando na Guimaralia’, onde se expuxeron os resultados dos obradoiros de brindo realizados ao longo de 2023. A partir das 20:30 horas, o campo da festa de Ferreiros encheuse de vida con actuacións de brindo e regueifa a cargo do colectivo Erre que Erre, seguidas por unha sesión de freestyle liderada por Big Meu e colegas. A noite pechouse cunha animada sesión de Sincereza Dj.
A xornada dominical comezou cun paseo dende o campo da festa ata Forgas, onde na aldea dos afamados brindeiros Veloso, uns dos últimos improvisadores da zona, continuou o festival co remate dun mural colaborativo na vivenda familiar. A continuación, houbo unha homenaxe musical aos brindeiros de Forgas, acompañada dun vermú. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Concello da Pobra do Brollón lanza o programa de visitas guiadas de verán

Seguinte Nova

Exposición, obradoiros e foliada para celebrar o día do «Orgullo Guímaro»

Últimas noticias sobre CULTURA

PROGRAMA LUGOTERMAL 2024_2025

A Deputación abrirá o prazo de inscrición ás 09:00 horas do luns 02.12.2024 da nova edición do LugoTermal, con máis de 1.700 prazas. 
Ir aInicio

Don't Miss