Monforte aproba 8.000€ en axudas para entidades de servizos sociais

Foto: Arquivo

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, anunciou que o Equipo de Goberno aprobou na Xunta de Goberno celebrada o pasado 15 de xullo a concesión de 8.000 euros en axudas a entidades e asociacións sen ánimo de lucro que están inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións. Estas axudas están destinadas a apoiar actuacións no ámbito dos servizos sociais e da inclusión social no Concello de Monforte durante o exercicio 2024.
En concreto, outorgóuselle un importe de 2.000 euros a cada unha das seguintes asociacións: AGORA, AFAMON, AUXILIA e ALBORES. Estas contías foron concedidas en base aos seus proxectos e de acordo coas bases establecidas para estas subvencións, que ano tras ano convoca o Alcalde, demostrando a súa sensibilidade coas necesidades destas entidades.
«Con estas axudas,» sinala o rexedor monfortino, «desde o Goberno municipal facilitamos recursos a estas entidades para a inclusión social, para garantir a autonomía persoal e para brindar oportunidades sociais e educativas. Así mesmo, axudamos a previr a aparición de dependencia, desigualdade ou desprotección a aquelas persoas máis vulnerables.»
Esta liña de axudas, que se pon en marcha ano tras ano polo Executivo de José Tomé, busca fomentar e apoiar o desenvolvemento de proxectos complementarios aos servizos sociais comunitarios. Estas entidades de iniciativa social, previamente inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións, son seleccionadas atendendo ao seu interese social, calidade, carácter innovador e a súa articulación efectiva coa oferta pública de servizos sociais comunitarios.

ASOCIACIÓNS BENEFICIADAS
As asociacións beneficiadas desempeñan un papel fundamental no tecido social de Monforte. AGORA traballa en proxectos de inclusión e apoio a colectivos desfavorecidos, mentres que AFAMON ofrece asistencia a persoas con Alzheimer e outras demencias. AUXILIA, pola súa banda, centra os seus esforzos en mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade, e ALBORES dedica os seus recursos a apoiar a infancia e a mocidade en situación de risco.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Ata 26.250 € por cada muller contratada con carácter indefinido en sectores masculinizados

Seguinte Nova

Ribeira Sacra celebra a XXVIII edición dos seus prestixiosos premios na Casa da Cultura

Últimas noticias sobre AXUDAS

Ir aInicio

Don't Miss