Monforte lanza unha nova campaña informativa sobre a reciclaxe da materia orgánica

Imaxe de arquivo da presentación do novo equipamento para a recollida de residuos. Foto GPCM.

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, anunciou a posta en marcha dunha nova campaña informativa para promover a correcta reciclaxe da materia orgánica. Esta iniciativa, que se desenvolverá a través de carpas informativas situadas en diferentes puntos da cidade, enmárcase dentro do “Plan de Xestión da Materia Orgánica” que o Concello puxo en marcha no 2023 co colector marrón.
Baixo o lema «RecicLemos de xeito sostible», esta campaña ten como obxectivo informar aos veciños e veciñas sobre as claves dunha axeitada reciclaxe da materia orgánica. Trátase da cuarta campaña de accións en rúa promovida polo Executivo de José Tomé desde a implementación do novo servizo de recollida en 2023.
«Dirixímonos a toda a cidadanía, especialmente a aquelas persoas que nos visitan durante o período estival e que teñen vivenda no Concello pero non viven habitualmente aquí, para que coñezan este servizo e poidan utilizalo», destacou o Alcalde.
A campaña comezará o 22 de xullo coa primeira carpa na rúa Cardeal, continuando o 29 de xullo na rúa Doutor Casares con rúa San Pedro, o 1 de agosto no aparcadoiro da área comercial da rúa Chantada, e o 5 de agosto no cruce da rúa Florida con rúa Calvo Sotelo. As accións informativas realizaranse de 10:30 a 13:30 horas.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Bóveda celebrou a III edición do Fentos Fest

Seguinte Nova

A Asociación Veciñal do Saviñao reclama a reparación de dúas estradas provinciais

Últimas noticias sobre SOSTIBILIDADE

Ir aInicio

Don't Miss