O concello mellorará o entorno do Mercado Gandeiro de Monforte

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, anunciou a licitación dun novo proxecto de mellora no Mercado Gandeiro, que se suma aos esforzos do goberno local para mellorar as infraestruturas urbanas e rurais. A Xunta de Goberno aprobou a tramitación deste proxecto o pasado luns 15 de xullo.
Segundo explicou o Alcalde, “esta é unha zona que é moi utilizada, especialmente os días de feira, polo que é necesario renovar o seu firme e pavimentar outras zonas que actualmente non o están, a fin de dar un mellor servizo ós usuarios e os veciños de Monforte”. A intervención abarcará unha superficie de 12.725 metros cadrados, cun investimento total de 177.787,13 €, ive engadido.
As melloras incluirán o fresado do firme actual, o levantado da calzada e a colocación de rigolas e canalizacións de pluviais. Tamén se pavimentarán as zonas que non o están e colocaranse bordos nos alcorques das árbores. As empresas interesadas teñen ata o 12 de agosto para presentar as súas ofertas.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Monforte acolle a XXIV Mostra de Artesanía Artelemos 2024

Seguinte Nova

O concurso de «Proxectos Empresariais Semente» Ribeira Sacra xa ten finalistas

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss