O concurso de «Proxectos Empresariais Semente» Ribeira Sacra xa ten finalistas

Foto: Arquivo

A décima edición do Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra recibiu 85 propostas de diversos puntos de Galicia, León, Sevilla, Madrid, Barcelona, Las Palmas e o norte de Portugal. O xurado, reunido o 19 de xullo, escolleu 10 proxectos que agora deberán ser desenvolvidos e presentados antes do 30 de setembro.
As ideas finalistas inclúen “AlgaSlime”, que optimiza a rega e fertilización mediante microalgas, e “Enzicas”, que propón un fungo para a maduración de queixos e embutidos con castañas. Outras propostas destacadas son “Ficar Aquí”, un portal de emprego para o rural galego, e “Fungusvid”, que introduce micorrizas arbusculares na plantación de vides.
“Genma & Naza Cheesecakes” aposta pola produción artesanal de tortas de queixo con produtos locais, mentres que “Piel Natura” desenvolve cosmética ecolóxica e aromaterapia galega. “Respiro Sostible” fabrica produtos de papel ecolóxicos a partir de residuos de céspede e herba, e “Tecnoalgae” revaloriza augas residuais mediante o cultivo de microalgas.
“Vanetta Food”, unha startup de alimentación vexetal, pretende establecer a primeira fábrica de carne plant-based en Galicia. Finalmente, “Viñalert” ofrece un sistema de monitorización continua das vides para mellorar a saúde dos viñedos.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O concello mellorará o entorno do Mercado Gandeiro de Monforte

Seguinte Nova

Novas máquinas hidrostáticas e puntos de auga reforzan o Pladiga 2024 na loita contra os incendios forestais

Últimas noticias sobre EMPRENDEMENTO

Ir aInicio

Don't Miss