O PP de Monforte cuestiona a escolla para o pregón das Festas

O PP considera que coa chegada do PSOE e de Isabel Pardo de Vera á presidencia de Adif a provincia de Lugo quedou sen AVE. Foto GPPP.

Os concelleiros do Partido Popular de Monforte manifestaron a súa desaprobación ante a elección de Isabel Pardo de Vera, expresidenta de Adif, como pregoeira das festas patronais.
Katy Varela, voceira do PP, afirmou que «baixo a dirección de Pardo de Vera en Adif foi cando se condenou á provincia de Lugo a quedar sen Alta Velocidade». Varela subliñou que, durante a etapa anterior á chegada de Pardo de Vera á presidencia de Adif, «un goberno do Partido Popular reservara os fondos e presentara os proxectos necesarios para que a Alta Velocidade chegase á provincia», engadindo que «incluso había un prazo comprometido, o ano 2021».
Segundo Varela, «premiar á persoa que nos deixou a todos os lucenses e aos monfortinos sen este servizo que teñen no resto de provincias galegas e da contorna non nos parece o máis axeitado». A postura do PP de Monforte deixa claro o seu desacordo coa decisión do alcalde, cuestionando a idoneidade de Pardo de Vera como pregoeira das festas locais.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Reunión entre o Presidente da Xunta de Galicia e o Presidente da Deputación de Lugo

Seguinte Nova

Vía Romana presenta unha nova edición de «Os Venres de Méndez-Rojo»

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

Ir aInicio

Don't Miss