O programa «Actívate no Rural» mellora a calidade de vida nas parroquias de Chantada

O programa ten como obxectivo mellorar a actividade física e as relacións sociais e favorecer así o apoio emocional. Foto GPCCH.

O Concello de Chantada, a través da concellaría de Servizos Sociais, levou a cabo entre setembro e xuño o programa “Actívate no Rural”, que ofrece actividades físicas e deportivas ás parroquias interesadas. Este ano, 13 parroquias participaron no programa: Nogueira, Sabadelle, Merlán, Requeixo, Argozón, Muradelle, Laxe, Brigos, Veiga, Mariz, Santa Cruz de Viana, San Cristovo e Arcos.
O obxectivo do programa é mellorar a actividade física, fomentar as relacións sociais e proporcionar apoio emocional. “Trátase de implementar boas prácticas que melloren a calidade de vida e que perduren no tempo”, explicou o alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela.
As actividades realizábanse dúas veces por semana en cada parroquia, con tres monitores das escolas deportivas. Este ano, o Concello aumentou o número de sesións, beneficiando a 200 persoas. “Todos os participantes mostraron a súa satisfacción tanto co programa como cos monitores”, afirmou María Cándido Carnero, concelleira de Servizos Sociais e Benestar.
O programa “Actívate no Rural” regresará en setembro con novas actividades para todos os públicos.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Rematada a zona axardinada do Parque Eloísa Rivadulla

Seguinte Nova

A Feira Outrora de Rubián cumpriu 20 anos nunha xornada con alta participación

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio

Don't Miss