Vía Romana presenta unha nova edición de «Os Venres de Méndez-Rojo»

Foto: Arquivo

O próximo venres 2 de agosto terá lugar a nova edición do evento Os Venres de Méndez-Rojo, organizados pola adega Vía Romana. Esta serie de encontros, que comezou a finais de maio, destaca por ofrecer unha experiencia única que combina viños de alta calidade, gastronomía local e música en directo nun entorno espectacular con vistas panorámicas ao valle do río Miño.
O acto contará coa actuación do grupo Manuel Manquiña e Los Fabulosos Weekend, un quinteto que interpretará unha variada selección de música en español, galego e inglés, acompañada de toques humorísticos a cargo do actor e humorista Manuel Manquiña. A batería estará a cargo de Jimmy Failde, músico chantadino. A oferta gastronómica será proporcionada polo restaurante local A Faragulla, que preparará pratos ideais para maridar cos viños blancos da bodega.
A novidade desta edición é a redución do prezo de entrada a 25€, que inclúe unha copa de benvida e transporte gratuíto en autobús desde Chantada e Monforte, con reserva previa. As entradas están dispoñibles na páxina web oficial: www.mendezrojo.com. Juan Luis Méndez-Rojo, xestor da bodega, destaca que “é unha maneira cautivadora de vivir Galicia” e invita a todos a gozar desta noite máxica na Ribeira Sacra.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O PP de Monforte cuestiona a escolla para o pregón das Festas

Seguinte Nova

O BNG reitera oseu rexeitamento ao proxecto de Altri

Últimas noticias sobre O MUNDO DO VIÑO E DO AGRO

Ir aInicio

Don't Miss