A Ribeira Sacra pecha xullo cun 68% de ocupación e agarda un aumento ao 76-80% en agosto

Ribeira Sacra concluíu o mes de xullo cunha ocupación media do 68%, con distintas tipoloxías de aloxamento rexistrando porcentaxes variadas.. Os hoteis de 4 e 3 estrelas lideraron a ocupación con 81%, seguidos polos establecementos de turismo rural cun 62%. As vivendas de uso turístico (VT) e as vivendas de uso turístico (VUT) mantivéronse no 59%, mentres que outros tipos de aloxamento acadaron un 67%.
A pesar de que os datos non son aínda definitivos e lixeiramente inferiores aos do ano anterior, o número de prazas ocupadas medrou de xeito notable. No xullo de 2020, a media diaria de prazas ocupadas era de 3.710, mentres que en xullo de 2024, esta cifra ascendeu a 6.489, o que supón un incremento do 60% en cinco anos. A ocupación máis estable continúase observando nos hoteis de maior categoría, mentres que o turismo rural experimenta unha caída nas reservas efectivas, atribuíndo o sector este descenso ao aumento da oferta de VT e VUT.
Para o mes de agosto, as previsións son optimistas, cunha ocupación esperada entre 76% e 80%. Os hoteis de 4 e 3 estrelas presentan unha proxección de ocupación do 84%, mentres que o turismo rural sitúase no 64%. As VT e VUT teñen unha ocupación esperada do 82%, e o resto de aloxamentos, do 72%.
Comparando con agosto de 2020, o número de prazas ocupadas diariamente subiu de 4.594 a 7.394 en 2024, a pesar do aumento significativo na oferta de aloxamentos, que se incrementou en 499 unidades, incluindo 417 vivendas de uso turístico, nos últimos catro anos. A ocupación en agosto mantén unha tendencia similar á do ano pasado, co aumento en hoteis de maior categoría e unha ocupación máis equilibrada entre as distintas tipoloxías de aloxamento.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Preto de 29.000 persoas participaron nas rutas fluviais da Ribeira Sacra en 2024

Seguinte Nova

Inícianse as obras para a supresión dos pasos a nivel de Juan Montes e Rioseco

Últimas noticias sobre TURISMO

A %d blogueros les gusta esto: