O Concello da Pobra do Brollón anunciou a apertura do prazo de solicitude para a adxudicación de seis vivendas sociais situadas no edificio das antigas vivendas dos Mestres, preto do colexio da localidade. As persoas interesadas teñen ata o 20 de agosto de 2024 para presentar as súas solicitudes.
Os trámites deben realizarse no departamento de Servizos Sociais, situado no primeiro andar da Casa da Cultura ‘Olga Novo’. O horario de atención ao público é de luns a venres, de 09:00 a 11:00 horas.
Para acceder a estas vivendas, é necesario cumprir os seguintes requisitos:
– Ter ingresos inferiores a 2,5 veces o IPREM, conforme ao rateo especificado no punto 3.3.
– Non posuír ningunha vivenda en propiedade, nin a persoa solicitante nin ningún membro da unidade de convivencia, salvo que non dispoñan do seu uso, ou se trate dunha vivenda inadecuada ou insuficiente.
– Estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias e doutros ingresos municipais.
– Estar empadroado no Concello da Pobra do Brollón durante polo menos tres anos antes da data de publicación do prego. En caso de quedar vivendas vacantes, poderán acceder persoas non empadroadas no Concello.
– Acreditar mediante certificado do Ministerio de Xustiza a ausencia de delitos de natureza sexual, debido á proximidade das vivendas ao complexo educativo.•
Últimas noticias sobre SOCIEDADE
O Concello de Chantada, a través da concellaría de Servizos Sociais, organizou desde febreiro ata xuño
O Concello de Chantada, a través da concellaría de Servizos Sociais, levou a cabo entre setembro
O Concello de Quiroga deu a coñecer o programa das súas festas de verán, que se
O pavillón do colexio Eloísa Rivadulla acolleu o pasado domingo a I Festa Interxeracional do Concello
O Concello de Chantada vén de anunciar a programación das súas Festas Patronais en honra á