O pasado 28 de xullo celebrouse o Torneo Concello de Sarria Individual de Golf, que pechou cun notable éxito de participación e resultados. Antonio Suazo proclamouse campión na categoría scratch, acadando 79 puntos. En handicap, o primeiro posto foi para Fernando López, quen tamén gañou o concurso de precisión, polo que o premio nesta última categoría foi para Alejandro Castro.
Os segundos postos foron para Rigo Rivera en scratch e Manuel Soto en handicap, mentres que os terceiros clasificados foron Francisco Poy e José Luis Rodríguez, respectivamente.
O evento contou co apoio e presenza do Concello de Sarria, representado polo alcalde Claudio Garrido, o concelleiro de Deportes Félix Seijas, e o concelleiro de Cultura César No, que amosaron o seu compromiso co deporte local.•
Últimas noticias sobre DEPORTES
O pasado 28 de xullo, Monforte de Lemos acolleu a terceira proba da Copa Galicia de
Coa ilusión por facer unha tempada mellor ca pasada, menos sufrida, e con poucas caras novas
Vén de rematar a 18ª edición do Campus de Fútbol Cidade de Monforte – R.C. Celta
O sábado 7 de setembro, a Pobra do Brollón acollerá a terceira edición do Trail e
A Subida Automobilística a Chantada chega este ano á súa 50ª edición, consolidándose como unha das