Aprobada unha moción do BNG para mellorar a xestión do regadío do Val de Lemos

Iria Castro e Daniel García, deputados provinciais do BNG.
Foto GPBNG.

O Pleno da Deputación de Lugo aprobou por unanimidade unha moción presentada polo BNG para solicitar maiores investimentos e unha mellor xestión do regadío do Val de Lemos. A proposta, defendida polo portavoz nacionalista Daniel García, establece como prioridades a renovación e limpeza das canles de regadío, a creación dun censo para a xestión eficiente dos cobros, a condonación da débeda ás comunidades de regantes e a realización dunha parcelaria ou agrupación de fincas nas zonas afectadas pola canle.
Na súa intervención, García destacou a importancia de que “o acordo do pleno se materialice nas decisións de socialistas e populares nas institucións en que gobernan e se desenvolvan as actuacións necesarias para aproveitar as oportunidades que ofrece o Val de Lemos para o sector primario”. A moción insta tanto ao goberno estatal como ao autonómico a tomar medidas inmediatas para mellorar a situación das infraestruturas de regadío na comarca.
A iniciativa no pleno da Deputación de Lugo forma parte dunha serie de accións que o BNG está a desenvolver para chamar a atención sobre a problemática do regadío no Val de Lemos. O partido nacionalista tamén presentou propostas nos concellos da comarca, no Parlamento Galego e no Congreso dos Deputados, insistindo na necesidade de que as institucións competentes atendan estas demandas.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Os socialistas de Pantón valoran o investimento na mellora das estradas provinciais no municipio

Seguinte Nova

Os deputados do PP lucense critican a falta de apoio do Goberno central a Lugo

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

A %d blogueros les gusta esto: