Confírmase a subvención de perto de 3 millóns de euros do IDAE para renovar o alumeado público

O Alcalde de Sarria, Claudio Garrido, considera que a confirmación desta subvención reafirma o éxito da xestión deste proxecto.
Fotos ARQUIVO.

O Concello de Sarria vén de recibir a confirmación dunha importante subvención do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE) por un importe total de 2.943.955,41 euros. Esta axuda, que será destinada a compensdar o investimento feito na renovación do alumeado público do municipio, representa a maior subvención xamais executada en Sarria.
O alcalde de Sarria, Claudio Garrido, valorou esta nova a través das súas redes sociais, lembrando o contexto no que se desenvolveu este proxecto. Garrido destacou a oposición que enfrontou durante o proceso, sinalando que “o lema do PP-Sarria era ‘os valenciáns lévanos os cartos dos sarriáns’, un slogan que acompañaron co voto en contra de todo o relacionado con este servizo eléctrico”. O Alcalde de Sarria, tamén lembrou e criticoou a postura dos concelleiros do socialistas do PSOE-Sarria, quen, segundo di, “foron fieis e leais compañeiros da oposición a esta importante obra”.
O alcalde subliñou o aforro significativo que esta actuación supuxo para o municipio. En novembro de 2021, o contrato asinouse cun importe anual de 645.245,36 euros, o que xa representaba un aforro inicial de máis de 150.000 euros ao ano respecto ao gasto previo, que superaba os 800.000 euros anuais.
A revisión de prezos para o período comprendido entre novembro de 2023 e outubro de 2024 establece un custo anual de 636.651,20 euros. Este importe é inferior ao pagado no ano 2022, o que, segundo Garrido, “pón de manifesto que en 2024 os sarriáns pagarán 8.594,16 euros menos pola enerxía eléctrica do alumeado público e edificios municipais, así como polo combustible de calefacción e frío, en comparación co ano 2022”.
Claudio Garrido concluíu resaltando a calidade do novo servizo de alumeado e do servizo de mantemento, que, na súa opinión, “son evidentes para todos os sarriáns”. A confirmación desta subvención, segundo o rexedor, reafirma o éxito da xestión deste proxecto, a pesar das críticas recibidas ao longo do seu desenvolvemento.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Almorzos e merendas saudables nos Campamentos de Verán

Seguinte Nova

O PP de Sarria persóase como acusación polo burato de 200.000 euros nas contas do matadoiro municipal

Últimas noticias sobre SERVIZOS

Ir aInicio

Don't Miss