Convocadas axudas para o fomento e a realización de actividades de voluntariado

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude destina preto de 135.000€ co obxecto de difundir entre a sociedade a importancia desta participación solidaria. Foto GPXG.

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, vén de convocar subvencións para entidades de acción voluntaria de carácter privado. Esta iniciativa, dotada con preto de 135.000 euros, ten como obxectivo promover accións altruístas e solidarias mediante a sensibilización, formación e coordinación no ámbito do voluntariado.
O prazo para acceder a estas axudas permanecerá vixente ata o 6 de setembro. As solicitudes deberán presentarse por medios electrónicos a través da sede electrónica da Xunta.
Desde 2019, un total de 748 entidades beneficiáronse destas axudas, que repartiron máis de 940.000 euros. As actividades subvencionables inclúen accións de sensibilización, como xornadas, seminarios e charlas destinadas a difundir a importancia do voluntariado. Tamén se fomentarán campañas de sensibilización e estudos para coñecer a realidade do voluntariado galego en diferentes niveis.
En canto á formación, valoraranse aquelas accións que busquen a modernización e adaptación das entidades de acción voluntaria á realidade social, mediante a formación de responsables e voluntarios, así como a incorporación de novas tecnoloxías. En materia de coordinación, promoveranse actividades que favorezan o traballo en rede e a colaboración entre diferentes entidades, garantindo a integración transversal das actuacións desenvolvidas nos diversos eidos do voluntariado.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Amplíanse ata os 5 millóns de euros as axudas para a eficiencia enerxética no sector agropecuario

Seguinte Nova

Coordinación e colaboración para garantir a seguridade durante as Festas Patronais

Últimas noticias sobre AXUDAS

A %d blogueros les gusta esto: