Coordinación e colaboración para garantir a seguridade durante as Festas Patronais

Haberá presenza da Policía Nacional, Garda Civil, Emerxencias, Protección Civil, Bombeiros e Policía Local

A coordinación da seguridade para as Festas Patronais tivo lugar no transcurso da reunión ordinaria da Xunta Local de Seguridade. Foto GPCM.

A Sala de Xuntas do Concello de Monforte acolleu esta semana a reunión ordinaria da Xunta Local de Seguridade. O encontro, presidido polo Alcalde José Tomé Roca e a Subdelegada do Goberno en Lugo, María Isabel Rodríguez, contou coa presenza de representantes da Policía Nacional, Garda Civil, Dirección Xeral de Emerxencias, Protección Civil, Bombeiros e Policía Local.
A xuntanza tivo como obxectivo organizar o dispositivo de seguridade para as Festas Patronais, para as que se espera unha gran afluencia de visitantes. Tomé e Rodríguez destacaron a presenza constante dos Corpos e Forzas de Seguridade para garantir a seguridade dos veciños e visitantes, subliñando o éxito da colaboración institucional en edicións anteriores.
Os dispositivos de seguridade previstos inclúen un plan coordinado entre a Policía Nacional e a Policía Local para asegurar a tranquilidade cidadá, manter a orde pública e responder eficazmente a posibles incidentes. A Garda Civil colaborará na periferia e nos principais accesos á cidade, realizando controis de velocidade, alcoholemia e outras substancias.
Ademais, unha patrulla da Policía Autonómica centrarase na prevención do consumo excesivo de alcol nas áreas de maior concentración de persoas. O Consorcio de Bombeiros tamén participará na seguridade, especialmente durante os fogos artificiais de San Vicente o 15 de agosto e os fogos do río o 16 de agosto.
O Alcalde José Tomé valorou positivamente a reunión, destacando o espírito de colaboración entre os distintos corpos de seguridade. Anunciou tamén a celebración dunha mesa técnica nos para ultimar detalles do dispositivo de seguridade para as Festas Patronais.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Convocadas axudas para o fomento e a realización de actividades de voluntariado

Seguinte Nova

Dispositivo especial de tráfico

Últimas noticias sobre SERVIZOS

Ir aInicio

Don't Miss