A asociación ecoloxista ADEGA e a asociación cultural Mariña Patrimonio presentaron unha denuncia ante a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural polos danos causados ao túmulo megalítico da Mámoa de Guítara nº1 durante unha proba de enduro. Este xacemento arqueolóxico, catalogado e protexido desde 1990, atópase no monte de Sampaio, na parroquia de San Xulián de Eiré, no concello de Pantón.
As imaxes de ortofotografías recentes amosan o trazado dun circuíto para motos que pasa directamente por riba do túmulo. Ademais, vídeos dispoñibles en YouTube confirman que a mámoa foi utilizada como rampla de saltos para motos durante as competicións. A última destas probas, celebrada en marzo de 2024, contou coa participación de 250 motos.
As asociacións sosteñen que estas competicións carecen da autorización necesaria por parte da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural. ADEGA e Mariña Patrimonio solicitan que se adopten medidas inmediatas para evitar que futuras probas de enduro continúen danando o xacemento arqueolóxico e a súa contorna de protección. Ademais, lembran que no Monte de Sampaio existen outras nove mámoas catalogadas, polo que instan á organización do evento a buscar unha nova localización para as carreiras de motos, pois os danos ao túmulo, unha estrutura funeraria do Neolítico con aproximadamente 5.000 anos de antigüidade, supoñen unha ameaza para a conservación deste patrimonio histórico.•
Últimas noticias sobre MEDIO AMBIENTE
A decisión da Xunta de Galicia de incrementar o canon de recollida de residuos en Sogama
BNG e Esperta Monforte esixen medidas inmediatas logo da aparición de centos de peixes mortos no
A Terra de Lemos foi a comarca máis seca de Galicia en xullo, con menos de
O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, visitou as instalacións de Celega no Saviñao
A Xunta de Galicia adquire seis vehículos polivalentes para prevención e extinción, e crea 44 novos