
A Deputación de Lugo, presidida por José Tomé Roca, asinou un convenio co Concello de Quiroga, representado polo Tenente Alcalde Vicente Parra Vizcaíno, para apoiar o programa de dinamización turística «Descubrir Quiroga» cunha achega de 10.000€. Esta iniciativa, que inclúe 13 actividades gratuítas nos meses de verán, busca promover o patrimonio natural e cultural do concello. A seguinte proposta será o 21 de agosto: Descubrimento de barranquismo en Campodola.•