O Concello de Chantada prolonga os cursos de pintura para maiores

Foto: GPCCH.

O Concello de Chantada, a través da concellaría de Servizos Sociais, organizou desde febreiro ata xuño cursos de pintura destinados a persoas maiores. As actividades tiveron lugar no Edificio Multiusos, con clases os mércores de pintura ao óleo e os venres de pintura en tela, en horario de 16:30h a 19:30h.
Os cursos, nos que participan 49 persoas, continuarán desde setembro ata decembro, culminando cunha exposición dos excelentes traballos realizados cos asesoramento das súas monitoras. O Programa de Pintura, que tivo un parón durante a pandemia, retomouse ampliando a súa duración. “Despois desta etapa tan dura, sobre todo para os maiores, decidiuse ofertar a actividade case todo o ano coa intención de reverter a situación de soidade e malestar, converténdose case en grupos de apoio e unha maneira de volver a socializar e relacionarse. Así nolo trasladaron as persoas participantes, asegurando que a actividade repórtalles importantes beneficios”, sinalou o alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela.
“A pintura xera unha gran satisfacción persoal ademais de innumerables beneficios para a saúde e o benestar. Con este tipo de propostas poténciase a creatividade, trabállase a imaxinación e mellórase a autoestima, pero principalmente favorece a comunicación xa que permite compartir tempo con outras persoas, socializar e conversar”, concluíu o rexedor.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Impulso ás lecturas feministas en Chantada coa nova entrega da MAVI

Seguinte Nova

Almorzos e merendas saudables nos Campamentos de Verán

Últimas noticias sobre SOCIEDADE

Sarria vibra con Sidonie

Sidonie puxo a banda sonora á noite do 21 de xuño en Sarria cun concerto multitudinario no campo de rugby, dentro das
Ir aInicio

Don't Miss