
(Foto GPXG)
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, manifestou a súa confianza en que a candidatura «Paisaxe da auga: Ribeira Sacra» será recoñecida como Patrimonio Mundial da UNESCO no ano 2026. Así o afirmou durante un encontro celebrado en A Peroxa, onde estivo acompañado polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, e a directora xeral de Patrimonio Cultural, Mª del Carmen Martínez. O acto contou coa presenza de perto de trinta alcaldes e representantes locais.
López Campos destacou a importancia da participación cidadá no proceso, é necesario involucrar aos concellos, institucións, axentes económicos e sociais, así como á veciñanza. O obxectivo é recoller todas as inquedanzas e comentarios que permitan mellorar a candidatura.
Durante o verán, a Xunta xa realizou varias reunións sectoriais e veciñais sobre aspectos como a viticultura, a hostalería, o turismo e a conservación ambiental. •





