O PP de Sarria persóase como acusación polo burato de 200.000 euros nas contas do matadoiro municipal

Carmen José López é a portavoz municipal do Partido Popular en Sarria. Fotos ARQUIVO.

O Grupo Municipal do Partido Popular de Sarria decidiu persoarse como acusación no procedemento penal aberto no Xulgado de Sarria en relación ao burato de 200.000 euros detectado nas contas do matadoiro municipal. Esta medida, segundo os populares, ten como obxectivo “coñecer os detalles do caso e defender os intereses dos veciños e veciñas”.
As primeiras declaracións deste proceso tiveron lugar fai unhas semanas, nun intento de “aportar luz nun tema tan grave coma este”. O PP mostrou a súa sorpresa ante a falta de interese do goberno municipal por esclarecer os feitos. “Non entendemos que o máximo responsable do Concello non mostre interese en saber que pasou e que ninguén teña respondido por esta situación”, sinalan desde o grupo popular.
Os populares tamén criticaron a actitude do executivo local, cualificándoa de “evasiva e obstrucionista”. En concreto, afean que o alcalde decidise pechar unilateralmente a Comisión de Investigación que se creara a solicitude dos restantes grupos municipais para investigar o sucedido. “É sorprendente que o rexedor e o equipo de goberno non mostrasen preocupación por chegar ao fondo do asunto, especialmente tendo en conta que faltan 200.000 € de cartos públicos”, recalcan desde o PP.
Ademais, o Grupo Municipal Popular recorda que no seu momento xa se advertiu dende Intervención sobre a grave irregularidade que supoñía que o cobro do servizo se estivese a realizar sen o control necesario, advertencias que, segundo indican, foron ignoradas polo alcalde.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Confírmase a subvención de perto de 3 millóns de euros do IDAE para renovar o alumeado público

Seguinte Nova

Antonio Suazo gaña o Torneo Concello de Sarria de Golf

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

A %d blogueros les gusta esto: