Os deputados do PP lucense critican a falta de apoio do Goberno central a Lugo

Reunidos en Monforte, piden investimentos en infraestruturas e políticas sociais para combater a discriminación á que, segundo eles, está sometida a provincia

Participantes na renión de deputados do PP lucense con alcaldes e concelleiros populares da comarca. Foto GPPP.

Os deputados do PP lucense no Congreso fixeron balance do primeiro ano de lexislatura nunha reunión en Monforte, xunto á presidenta provincial, Elena Candia, e alcaldes e portavoces da zona sur da provincia. Candia expresou a súa gratitude polo traballo dos deputados no Congreso, destacando que trasladaron as preocupacións da provincia e da comarca, e criticou a discriminación que, segundo ela, sufre Galicia por parte do Executivo de Pedro Sánchez. Afirmou que esta discriminación é froito da falta de liderado tanto do Partido Socialista como do BNG.
Francisco Conde, deputado monfortino, lamentou que “a provincia de Lugo non está na axenda política do Goberno” e explicou que as iniciativas do PP lucense no Congreso coinciden coas principais prioridades da provincia. Mentres os populares se centraron en solicitar melloras en infraestruturas, políticas industriais e servizos sociais, “o Goberno segue incumprindo con Lugo os seus compromisos industriais, de infraestruturas e de política social”. Conde avanzou que os populares seguirán impulsando a creación de emprego de calidade, atraer novos investimentos e mellorar o benestar social dos lucenses.
En canto á política industrial, Conde destacou a importancia de investir para vertebrar a provincia, mencionando casos como Alcoa e Altri e a necesidade de desenvolver solo industrial a prezos competitivos. Criticou a falta de oferta de solo empresarial en Ribadeo e Sarria e a falta de interese do PSOE de Lugo polo desenvolvemento do Porto Seco de Monforte, que precisa investimentos na intermodal e a súa conexión á N-120.
Conde tamén afeou que o Goberno podería destinar o 25% dos ingresos por emisións de CO2 ás empresas electrointensivas, e criticou que os 300 millóns de euros previstos como solución á industria electrointensiva deberían ser en realidade 896 millóns. En relación a Altri, pediu igualdade de trato con outras iniciativas similares e asegurou que os populares manterán a súa presión para obter certezas nas axudas de fondos europeos e nas necesidades de abastecemento eléctrico para a industria.
En materia de infraestruturas, os populares subliñaron os incumprimentos do Goberno coa rede viaria da provincia. Lembraron que Lugo quedou fóra da alta velocidade por unha decisión política do Goberno de Pedro Sánchez.
A deputada Cristina Abades, portavoz da Comisión de Infancia, defendeu a importancia da conciliación e do mundo rural e propuxo aumentar o investimento en políticas de protección social á infancia. Jaime De Olano, deputado popular e portavoz adxunto do Grupo Popular no Congreso, criticou o acordo de financiamento para Cataluña pactado entre o PSOE e ERC, que segundo el prexudica a Galicia.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Aprobada unha moción do BNG para mellorar a xestión do regadío do Val de Lemos

Seguinte Nova

Chega o fenómeno «La La Love You»

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

A %d blogueros les gusta esto: