O Concello de Pantón organiza un ano máis as tradicionais Festas de Ferreira de Pantón, que darán comezo o sábado, 17 de agosto. A xornada inaugural contará cunha gran verbena animada pola orquestra Punto Clave e o DJ Espasantes, garantindo unha noite de música e diversión para todos os asistentes.
O domingo, 18 de agosto, as actividades comezarán ás 11:00 horas coa animación de Música na Rúa, seguida dunha sesión vermú nos bares de Ferreira ás 12:30 horas e outra na Praza de Goián ás 14:00 horas. Pola tarde, ás 17:30 horas, a programación infantil, coñecida como Infantilandia, encherá a Praza do Concello de xogos e actividades para os máis pequenos. A partir das 21:30 horas, as actuacións de Xtremo e o Grupo Tekila porán o broche de ouro á segunda xornada de festexos.
O luns, 19 de agosto, a música regresará ás rúas desde as 11:00 horas, seguida dunha nova sesión vermú en Ferreira e na Praza de Goián. As actividades de Infantilandia retomaranse ás 17:30 horas, desta vez na Piscina Municipal, onde os nenos e nenas poderán gozar dunha tarde chea de entretemento.
A noite de luns pechará as festas coa verbena a cargo das orquestras Nuevas Fuerza e América, que comezará ás 21:00 horas.
O alcalde de Pantón, José Luis Álvarez, destacou o ambiente familiar que caracteriza as Festas de Ferreira, onde nenos e maiores gozan xuntos en familia e con amigos. “Animo a veciños e visitantes a vivir con ledicia estes tres días de música e actividades que farán as delicias dos asistentes e que encherán de ambiente as rúas da vila. As Festas de Ferreira sempre son unha ocasión para a reunión das familias e para reatoparse coas orixes”, comentou o Alcalde José Luís Álvarez.
Para pechar o mes de agosto, o Concello de Pantón acollerá tamén unha nova edición do Trece Roeis Fest os días 30 e 31 de agosto. Este festival, organizado pola Asociación Cultural 13Roeis en colaboración co Concello, contará cunha variada programación de artistas que actuarán ao longo dos dous días. Entre os artistas destacados figuran Soziedad Alkoholica, Fillas de Casandra, Arrhymia, Rebelión do Inframundo, Xabier Vizcaíno, Tiam Cg, Exeria, Peter Punk, Brais das Hortas, Mago Teto, Baturruka Monforte, Serio RV Dj, Anita Tijoux, Green Valley, Sara Socas, Sober, Los de Marras, Maneiro, Pauliña, Amoebo e Festicultores Troupe.•
Últimas noticias sobre EVENTOS
A Festa da Mocidade de Taboada dará comezo o 9 de agosto con actuacións musicais a
O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, e o Concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, entregaron
A tradicional carreira de burros das Festas de Escairón destacou un ano máis, congregando a público
Os veciños da parroquia de Santa Baia de Bendollo celebraron un emotivo acto relixioso coa procesión
Quiroga xa está en festas. O alcalde, José Luís Rivera, destacou que estas serán as «mellores