Preocupación en Monforte polos vertidos no Río Cabe

BNG e Esperta Monforte esixen medidas inmediatas logo da aparición de centos de peixes mortos no río Cabe, denunciando a falta de sensibilidade ambiental do goberno local

Centos de peixes apareceron mortos flotando no río Cabe, entre o Caneiro e o Malecón. Foto BNG.

O BNG de Monforte denunciou a presenza de centos de peixes mortos flotando no río Cabe, entre o Caneiro e o Malecón. Segundo o voceiro do BNG en Monforte, Emilio J. Sánchez, esta situación é inaceptable e demanda accións urxentes para deter os vertidos e previr futuros danos ao ecosistema do río.
Nos días previos, varias persoas contactaron cos responsables do BNG para alertar sobre a situación. Sánchez criticou a falta de sensibilidade do equipo de goberno cara aos temas ambientais, denunciando que «están cansos de sufrir e ver como o equipo de goberno mira para outro lado constantemente en relación cos vertidos ao río». «É imperativo que se tomen accións inmediatas para garantir unha contorna limpa e segura», afirmou.
Pola súa banda, Esperta Monforte tamén manifestou a súa profunda preocupación por esta situación, cualificando o feito de «alarmante» e destacando a preocupación espertada entre os veciños da vila. Esperta Monforte solicitou ás autoridades competentes que realizasen investigacións urxentes para esclarecer a causa e orixe desta catástrofe ambiental.
O portavoz de Esperta Monforte instou ao Concello de Monforte de Lemos a comunicar con claridade a situación sanitaria actual da auga do río Cabe. «É fundamental que os nosos veciños estean informados sobre os posibles riscos para a saúde pública e as medidas preventivas que deben tomar mentres se soluciona este problema», sinalou.
A situación no río Cabe espertou a alarma entre a poboación e os partidos políticos de Monforte, que esixen respostas inmediatas e accións concretas para resolver este problema ambiental. A protección do río e da saúde pública son prioridades que non poden ser ignoradas, e a cidadanía demanda transparencia e compromiso por parte das autoridades locais.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Galicia rexistrou un xullo con temperaturas elevadas e precipitacións inusuais

Seguinte Nova

Inauguración da nova escollera de Rioseco

Últimas noticias sobre MEDIO AMBIENTE

Ir aInicio

Don't Miss