Preto de 29.000 persoas participaron nas rutas fluviais da Ribeira Sacra en 2024

Xa hai 14000 prazas reservadas para o que queda de ano.
Foto ARQUIVO.

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, presentou un balance das rutas fluviais en catamarán pola Ribeira Sacra. Segundo García Porto, preto de 29.000 persoas xa disfrutaron destas viaxes, a pesar das adversas condicións meteorolóxicas de xullo. Para o que resta de ano, xa se teñen reservadas arredor de 14.000 prazas. Pilar García Porto destacou que “este servizo, que supón un gran revulsivo económico para a zona, forma parte da oferta de actividades que temos en marcha desde a Deputación e que concorda co modelo turístico polo que apostamos, turismo sostible, de calidade e experiencias”. As persoas interesadas poden reservar billetes na seguinte web nesta ligazón https://reservas.rutasembalses.es/?l=es .•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O conselleiro de Cultura confía en que a candidatura Ribeira Sacra sexa Patrimonio Mundial en 2026

Seguinte Nova

A Ribeira Sacra pecha xullo cun 68% de ocupación e agarda un aumento ao 76-80% en agosto

Últimas noticias sobre TURISMO

Ir aInicio

Don't Miss