Quiroga en festas

Quiroga xa está en festas. O alcalde, José Luís Rivera, destacou que estas serán as «mellores da historia de Quiroga», grazas á xestión municipal que permitiu un aforro significativo, situando o custo total arredor dos 60.000 euros. Rivera subliñou que actuacións como as da orquestra Combo Dominicano e o grupo Treixadura non tiveron custo para o concello.
A orquestra Panorama foi a encargada de inaugurar as festas co seu espectacular «IA Tour» no aparcamento de autobuses, onde o público gozou dun show audiovisual e musical que non deixou indiferente a ninguén.
O venres 9 de agosto, a programación continúa e ás nove da noite, os máis pequenos poderán desfrutar da Peque Disco Moc Moc na Praza Rúa Lago, un evento que mestura música, circo e humor, pensado para facer gozar tanto a nenos como a adultos. Ás 22:30, o grupo de folk Treixadura ofrecerá unha actuación de música tradicional galega. A partir da medianoite, o Combo Dominicano tomará o escenario para pechar a xornada co seu repertorio de cumbia, bachata e merengue.
O sábado 10, ás 11:00 da mañá, abrirá a XXXIII Mostra do Mel na Rúa Real, con sete apicultores locais que ofrecerán mel e produtos derivados. A xornada estará amenizada pola alborada do grupo de gaitas O Recanto, mentres que o Somoza Trío animará a sesión vermú na Praza Rúa Lago.
Pola tarde, o Mago Antón presentará o seu espectáculo “Mil maxias máis” na Praza España, con tres pases ao longo do día. Ás 22:30, a Rúa Real acollerá o espectáculo musical Michael Legend, que homenaxea a figura de Michael Jackson. A noite continuará co concerto do grupo local Mario Colomán & The Clocks Band, que prometen unha velada inesquecible.
O domingo 11 de agosto, o Centro Dramático Galego presentará «De Vilatriste a Vilalegre» ás 12:30, combinando teatro e marionetas. A xornada culminará cun espectáculo de fogos artificiais na Praza de España ás 22:30, seguido dun concerto do grupo Gin Toni’s na Rúa Real, que pechará a noite con versións de pop dos anos 80.
As festas rematarán o luns 12 de agosto coa actuación do Grupo Asia ás 22:30 na Rúa Real.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Antonio Suazo gaña o Torneo Concello de Sarria de Golf

Seguinte Nova

Santa Baia de Bendollo celebra a restauración da Capela das Neves

Últimas noticias sobre EVENTOS

Campamentos de Verán

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, e o Concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, entregaron

A %d blogueros les gusta esto: