O Concello de Sober organiza os días 11 e 12 de agosto a XXVII Feira da Rosca, Mel e Outros Produtos da Ribeira Sacra, coincidindo coa sexta edición do Túnel do Viño de Amandi.
A festa comezará o domingo 11 de agosto ás 18:00 horas coa inauguración do VI Túnel do Viño de Amandi, a cargo de Vinosacra.es. Este evento reunirá 25 adegas. A empresa Torre de Núñez colabora co evento. O horario de apertura será de 18:00 a 22:00 horas o domingo e de 11:00 a 15:00 horas o luns.
O domingo, as 21:00 horas, actuará o grupo Deuce, poñendo o broche final á primeira xornada.
O luns 12 de agosto, a programación comezará ás 10:00 horas co disparo de bombas de palenque, seguido ás 10:15 horas pola apertura dos postos de rosca, mel e outros produtos da Ribeira Sacra. Ás 11:00 horas, Eugenio Linares realizará unha demostración de talla con motoserra, e ás 11:00 horas, Ovella Viva dirixirá un obradoiro de feltro.
Ás 12:00 horas, o Grupo Os Falcatrueiros ofrecerá unha actuación e, ás 13:00 horas, celebrarase a degustación gratuíta de 2.000 racións de rosca de Sober con queixo, coa colaboración de Queserías Prado.•
Últimas noticias sobre O MUNDO DO VIÑO E DO AGRO
Centos de viticultores, adegueiros e representantes institucionais concentráronse o pasado venres 6 de setembro diante da
Joaquín Hidalgo, recoñecido crítico de viños e editor para Sudamérica e España na plataforma Vinous.com, pasou
Xunta de Galicia e representantes dos consellos reguladores da Ribeira Sacra e do Ribeiro mantiveron unha
O próximo venres 2 de agosto terá lugar a nova edición do evento Os Venres de
O Alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, fixo unha primeira valoración da sexta edición