Últimos días para disfrutar do Artelemos

José Tomé Roca, acompañada por diversos membros da Corporación municipal, o día da inuguración do Artelemos.
Foto: MONTERO.

A XXIV Mostra de Artesanía Artelemos, inaugurada o pasado luns 5 de agosto polo Alcalde José Tomé Roca, entra na súa recta final. Con só dous días restantes, a rúa Cardenal de Monforte congrega a 30 profesionais que expoñen e venden as súas creacións, procedentes de toda Galicia e outras partes de España.
A feira, que se consolida como un evento clave dentro do Programa Cultural de Verán do Concello, está a ter un notable éxito de público e vendas. Desde a súa recuperación en 2015, Artelemos medrou en número de participantes e días de celebración, pasando de cinco a seis días o ano pasado debido á alta demanda e interese tanto de artesáns como de visitantes.
Os asistentes poden gozar dunha ampla variedade de produtos artesanais, desde ourivaría e cestería ata cerámica e coiro, todos eles elaborados por artesáns acreditados que aseguran a calidade e autenticidade das súas pezas. Ademais, hai demostracións diarias de técnicas artesanais e obradoiros para os máis pequenos, que se están a celebrar con gran afluencia de público.
O Alcalde anima a todos os monfortinos e visitantes a achegarse a esta mostra única, subliñando que “apostar pola artesanía é apostar polos nosos artesáns, polo produto local de calidade e polas nosas tradicións.” Artelemos non só dinamiza os oficios artesanais locais, senón que tamén reforza a promoción turística de Monforte e a comarca de Lemos, converténdose nun atractivo máis para os visitantes.
A mostra está aberta de 10 a 14 horas pola mañá e de 18 a 22 horas pola tarde. Non perda a oportunidade de descubrir e adquirir pezas únicas e de gran valor artesanal, e de participar nas actividades que aínda se celebrarán ata o peche da feira este sábado 10 de agosto.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Dispositivo especial de tráfico

Seguinte Nova

Galicia alcanza a cifra de paro máis baixa nun mes de xullo desde 1996

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio

Don't Miss