Mozos de catro países comparten experiencias sobre sustentabilidade na granxa Casa Belán en Sober

O intercambio xuvenil, organizado por Alberto Andrade e Alice Korsch, reúne a vinte participantes de España, Dinamarca, Georgia e Holanda

O galego Alberto Andrade e a holandesa Alice Korsch, afincados desde hai un ano en Sober. Foto GPCS.

Alberto Andrade, galego, e Alice Korsch, holandesa, ambos residentes en Sober desde hai un ano, están a celebrar un intercambio xuvenil na súa granxa, Casa Belán, enfocado na sustentabilidade, o mundo rural e a agricultura ecolóxica. Este evento, que se leva a cabo do 10 ao 17 de setembro, conta con vinte mozos e mozas de entre 18 e 30 anos, procedentes de España, Dinamarca, Georgia e Holanda, ademais de catro líderes de grupo.
A iniciativa, en colaboración coa Asociación Sociocultural BreGal e financiada polo Programa Erasmus Plus da Unión Europea, busca formar un equipo de mozos comprometidos co desenvolvemento sostible, cuxas accións poidan ter un impacto positivo nas súas comunidades de orixe.
O Concello de Sober apoia esta proposta organizando unha excursión en catamarán pola Ribeira Sacra, cedendo material municipal e instalacións públicas para os talleres.
O venres 13, o evento culmina cunha ‘Noite Intercultural’ no Centro Sociocultural de Sober, onde os participantes presentarán traxes, comida e música típica dos seus países, nunha actividade aberta á toda a veciñanza.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Quiroga acolle a exposición “A Casa de Galicia. 50 anos da Casa de Rosalía”

Seguinte Nova

O concello lanza unha nova edición do «Pantón en forma»

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio

Don't Miss