
A campaña arqueolóxica en Penas do Castelo, situada na parroquia de Salcedo (A Pobra do Brollón), está a revelar importantes descubrimentos. Esta pasada semana, o delegado territorial da Xunta, Javier Arias, xunto co alcalde da Pobra, Xosé Lois Maceda, e outras autoridades, visitaron o xacemento para coñecer os recentes achados que afondan no coñecemento do sitio.
Esta cuarta campaña arqueolóxica ten dous obxectivos principais: consolidar as partes máis expostas da muralla e escavar unha gran sondaxe no interior do xacemento. Foi precisamente na sondaxe interior onde se descubriron fragmentos cerámicos en moi bo estado de conservación, incluíndo dous cacharros practicamente completos e unha gran cantidade de fragmentos adicionais. Un dos cacharros conteñen grans de cereal e restos concrecionados, que serán analizados para proporcionar datacións máis precisas sobre o uso do xacemento.
Os traballos revelaron tamén un nivel de pallabarro derrubado que esténdese considerablemente. Este nivel, ao parecer, foi causado por un incendio que fixo colapsar as paredes e selar o interior, preservando os fragmentos cerámicos descubertos.
A escavación arqueolóxica, que está aberta ao público en horario de mañá, está financiada pola Dirección Xeral de Patrimonio.•



