
As Festas Patronais de Chantada convertíronse un ano máis nun importante reclamo turístico e festivo, atraendo tanto a residentes como a persoas de fora do municipio.
Desde o 22 ao 27 de agosto, a vila viviu unha serie de actos que encheron as rúas de ambiente e celebración.
O alcalde Manuel Lorenzo Varela destacou o impacto positivo do evento, subliñando que “quien visita as Patronais de Chantada repite ano tras ano. A boa climatoloxía deste verán contribuiu a un ambiente animado nas rúas e terrazas”.
O concelleiro de cultura, Manuel Diéguez, eloxiou o éxito de eventos como o Folión de Carros, que contou con 16 carros engalanados e unha orquestra de renome, e o XXXIII Certame de Bandas de Música celebrado na Praza do Cantón.
O evento finalizou cunha exitosa Festa da Empanada no Campo do San Lucas.•