O BNG manifesta o seu apoio ao ensino rural e denuncia os recortes da Xunta

O BNG éstá a participar nas protestas convocadas polas familias dos colexios da Ribeira Sacra apoiando a esixencia de que se respecte o dereito a unha educación de calidade. O BNG denuncia que os recortes impostos pola Xunta levarán a unha diminución do profesorado, unha subida nas ratios de alumnos por aula e a falta de especialistas no equipo de orientación, afectando gravemente á atención á diversidade.
Na Pobra do Brollón, nun pleno extraordinario convocado polo ANPA do colexio, aprobouse por unanimidade unha moción que reclama a cobertura da cuarta praza de mestre. A presidenta da ANPA, Noelia Sánchez, fixo un chamamento público pola defensa dunha educación digna e pola igualdade de trato para o ensino rural.
Ao finalizar o pleno, unha multitudinaria manifestación percorreu as rúas de Pobra do Brollón, na que participaron representantes políticos, nenos, familias e veciñanza, para visibilizar a súa oposición aos recortes e defender o futuro do ensino no rural. O BNG reafirma a súa posición en contra destas medidas que, aseguran, dificultan a vida no rural e poñen en perigo o futuro das novas xeracións.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Novos achados revelan segredos en Penas do Castelo: a campaña arqueolóxica avanza

Seguinte Nova

O BNG manifesta o seu apoio ao ensino rural e denuncia os recortes da Xunta

Últimas noticias sobre EDUCACIÓN

Ir aInicio

Don't Miss