O CEIPde Quiroga arrinca o curso con máis matriculados que o curso pasado

Poucas novidades durante a xornada inicial do curso 24/25, que arrancou con normalidade CEIP de Quiroga. Foto GPCQ.

Deu comezo un novo curso no Colexio de Educación Infantil e Primaria de Quiroga, que iniciou o período escolar con 156 alumnos matriculados, experimentando un aumento respecto aos anos anteriores. A xornada arrincou con total normalidade, mantendo as novidades implantadas no curso anterior. A xornada única continúa en vigor, agás os luns, e, a partir de outubro, os profesores ofrecerán unha garda ata as catro e media de martes a xoves baixo demanda, ademais das actividades da ANPA e o servizo de «Madrugadores» organizado polo Concello.
As medidas de entrada dos alumnos tamén se manteñen como nos cursos anteriores, co alumnado dividido segundo a súa maduración e non a súa idade. Os alumnos que usan transporte escolar entran pola porta posterior, os de primaria pola porta principal e os de infantil pola porta pequena.
O centro contará con vinte profesores, incluíndo a orientadora e varios docentes de apoio, así como o préstamo de libros e o programa e-dixgal para os alumnos de 5º e 6º, que utilizarán ordenadores en lugar de libros. O colexio tamén continúa co plan proxecta, centrado na artesanía da Ribeira Sacra, e ofrece unha hora semanal de titorías para pais e nais previa cita.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Chantada celebra a Romaría do Faro cunha multitude de fieis e a entrega de xoias á Virxe

Seguinte Nova

A Ermida e San Vitoiro celebran as festas en honra á Virxe dos Remedios

Últimas noticias sobre EDUCACIÓN

Ir aInicio

Don't Miss