A plataforma loxística ferroviaria de Monforte recupera a actividade con tres novos convois semanais de madeira cara Zaragoza

Wedway, operador ferroviario do grupo MSC, comeza a operar, xerando emprego para cinco operarios locais

Imaxe da carga dos 17 vagóns con madeira que foron transportados ata a papelera Lecta Torras Papel en Zaragoza. Foto Luís Blanco.

A plataforma loxística ferroviaria do ADIF en Monforte de Lemos volve estar operativa logo do inicio das operacións do operador ferroviario Wedway, que está a poñer en circulación tres convois semanais de madeira con destino a Zaragoza. Este novo operativo supón a creación de cinco postos de traballo para operarios locais, o que marca un paso adiante na revitalización desta infraestrutura clave para a comarca.
Wedway, o maior operador privado de transporte de mercadorías por ferrocarril na península ibérica e pertencente ao grupo MSC con sede en Lisboa.
A terminal ferroviaria de Monforte, que actualmente se utilizaba para almacenar material destinado ás obras de renovación de vía e electrificación entre Monforte e Ourense, e Monforte e Lugo, foi liberada parcialmente polo ADIF, que despexou unha das súas vías de case 700 metros para permitir a carga de 17 vagóns con madeira procedente da provincia da Coruña, que serán transportados ata a papelera Lecta Torras Papel en Zaragoza. Esta empresa leva máis de 15 días acumulando madeira procedente de Galicia.
O primeiro convoi de Medway, con 900 toneladas de madeira, partiu da terminal monfortina o pasado 30 de agosto, marcando o regreso das operacións comerciais á plataforma loxística despois de anos de inactividade. Medway convértese así no segundo operador, tras Transfesa, en utilizar a plataforma loxística de Monforte, poñendo en valor esta infraestrutura estratéxica que durante anos loitou por recuperar a súa actividade e servir de motor económico para a comarca. Esta reactivación pode supoñer un impulso significativo para o porto seco de Monforte, que durante a última década viuse afectado pola falta de operatividade e pola necesidade de investimentos que permitisen o seu desenvolvemento pleno.
Wedway prevé manter e, se o mercado o permite, aumentar a frecuencia destes servizos, consolidando a plataforma monfortina como un nodo loxístico clave para o transporte de mercadorías por ferrocarril na en Galicia.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Ermida e San Vitoiro celebran as festas en honra á Virxe dos Remedios

Seguinte Nova

Cine na rúa en Monforte

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio

Don't Miss