Adxudicadas as obras do novo aparcadoiro no Polígono do Reboredo

Imaxe da rolda de prensa na que se presentou esta nova obra de mellora para o Polígono industrial de O Reboredo. Foto GPCM.

O Concello de Monforte, informou da adxudicación da obra de construción do novo aparcadoiro no Polígono do Reboredo, cun investimento de 292.430,04 euros, que será executado pola empresa Hordescon SL.
O proxecto do novo aparcadoiro do Polígono do Reboredo, anunciado en xuño polo alcalde José Tomé Roca, contará cunha superficie de 6.400 m², albergando 17 prazas para camións e 64 para turismos, incluíndo prazas adaptadas e con cargadores eléctricos. A actuación, que se desenvolverá fronte ás empresas Oviganic e Gallaecia Delicatessen, ten como obxectivo paliar o déficit de estacionamento existente na zona. Para esta obra, o Concello de Monforte destinou un orzamento total de 305.250,57 euros, ive engadido.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou o espazo onde se realizará a actuación, cofinanciada mediante a orde de achegas aos concellos galegos para mellorar os seus parques industriais.

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía e Industria, cofinanciará esta actuación cunha achega de 120.000 euros, no marco das axudas para a mellora de infraestruturas nos parques empresariais galegos. O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, destacou durante a súa visita visitou o espazo onde se realizará a actuación, que esta axuda forma parte dun programa máis amplo que busca potenciar os polígonos e fomentar a creación de emprego a través do asentamento de novas empresas que creen emprego.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Ribeira Sacra mobilízase en defensa do futuro do sector vitivinícola

Seguinte Nova

Miguel Gallego, novo presidente de Novas Xeracións de Lugo nun congreso marcado pola renovación e o apoio ás bases

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio

Don't Miss