Miguel Gallego, novo presidente de Novas Xeracións de Lugo nun congreso marcado pola renovación e o apoio ás bases

Miguel Gallego resultou elixido presidente de Novas Xeracións da provincia de Lugo

Miguel Gallego foi elixido presidente de Novas Xeracións da provincia de Lugo no congreso que a formación celebrou este venres 6 de setembro. Gallego, de 26 anos, e portavoz do PP no municipio de Samos, comprometeuse a liderar un equipo renovado, composto por mozos e mozas cunha media de idade de 23 anos, procedentes de distintas comarcas e con diversos intereses e formacións. O novo presidente destacou a importancia do traballo en equipo e fixo fincapé na necesidade de reforzar as bases do Partido Popular da provincia.

Durante o seu discurso, Gallego agradeceu o apoio recibido e anunciou que traballará desde a humildade para achegar o proxecto político do PP aos máis novos. Entre os obxectivos principais, Gallego avanzou a promoción de novas agrupacións locais, o incremento da afiliación, e a colaboración con alcaldes e portavoces na organización de eventos destinados á xuventude. Tamén subliñou a importancia dunha estratexia de comunicación activa nas redes sociais e a necesidade de manter reunións periódicas para fomentar a participación e fortalecer os lazos internos da organización.

Elena Candia, presidenta provincial do PP de Lugo, eloxiou a valentía de Miguel Gallego e Nicole Grueira, presidenta de Novas Xeracións de Galicia, por asumir responsabilidades e liderar candidaturas nos seus concellos nas pasadas eleccións municipais. Candia destacou a implicación dos mozos e mozas neste congreso, sinalando que “Lugo ten futuro” e instou ao novo equipo a traballar desde a unidade e a renovar as estruturas xuvenís.

Beatriz Álvarez Fanjul, presidenta nacional de Nuevas Generaciones, subliñou que a renovación é fundamental nunha organización xuvenil, e afirmou que Novas Xeracións de Galicia é un exemplo de adaptación e proximidade ás necesidades dos mozos galegos. Pola súa banda, Nicole Grueira agradeceu o labor do equipo saínte e alentou á nova directiva a traballar con compromiso e ilusión pola xuventude lucense.

O novo equipo directivo de Novas Xeracións da provincia de Lugo está conformado por unha vintena de mozos e mozas, entre os que destacan Cristina Fernández como secretaria xeral e Eyner Fernández como secretario de organización. Con esta nova dirección, Gallego e o seu equipo afrontan o reto de fortalecer a presenza de Novas Xeracións no ámbito local e de promover os valores do Partido Popular entre a mocidade lucense.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Adxudicadas as obras do novo aparcadoiro no Polígono do Reboredo

Seguinte Nova

Acusacións mutuas entre PP e PSdeG, a conta da subida do canon de Sogama

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

Ir aInicio

Don't Miss