900 aniversario de Rovoyra Sacrata

Foto GPCTRS.

No impoñente Mosteiro de Santa María de Montederramo, celebrouse o acto institucional en conmemoración do 900 aniversario de Rovoyra Sacrata. O evento reuniu a destacadas personalidades do ámbito político, cultural e turístico, incluíndo ao Presidente da Deputación Provincial de Ourense, Luis Menor Pérez; á Directora Xeral de Patrimonio Cultural, Mª del Carmen Martínez Insua; e ao Alcalde de Montederramo, Óscar Diéguez González, entre outros.
A xornada comezou cunha visita ao recinto do mosteiro antes das intervencións. O alcalde Diéguez González destacou a importancia de seguir investindo no mantemento do patrimonio rural, a pesar dos avances realizados. Pola súa banda, Luis Fernández Guitián, Presidente do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, ofrecéu un repaso histórico á evolución da marca «Ribeira Sacra», desde as primeiras referencias en 1914 ata a actual candidatura a Patrimonio Mundial.
A lectura do escrito «Montederramo, 900 agostos despois» de José Miguel Andrade Cernadas, contextualizou o nome “Rovoyra Sacrata” mencionado por primeira vez en 1124. Carlos López López, Deputado da Área de Medio Ambiente da Deputación Provincial de Lugo, eloxiou os valores da Ribeira Sacra e comprometeu o apoio provincial ao territorio. Mª del Carmen Martínez Insua agradeceu a implicación dos concellos na candidatura e fixo un balance do estado do proceso para a declaración como Patrimonio Mundial.
O evento concluíu no claustro do mosteiro cun brindis co Viño da D.O. Ribeira Sacra, celebrando así o noveno centenario de Rovoyra Sacrata.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Galicia e a Ribeira Sacra manteñen o seu status de destino turístico destacado

Seguinte Nova

Lanzamento de “Heroica”: A colaboración entre Dolores Redondo e a familia Méndez-Rojo

Últimas noticias sobre O MUNDO DO VIÑO E DO AGRO

Ir aInicio

Don't Miss