A Asociación Veciñal do Saviñao solicita melloras para a sinalización e a xestión do turismo

Praia da Cova. Foto CTRS.

A Asociación Veciñal do Saviñao dirixiuse ao Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra para tratar dous asuntos de relevancia turística para O Saviñao. En primeiro lugar, a asociación destaca a importancia da ruta PR-G 162, que se estende por 37 quilómetros e conecta varios puntos de interés como igrexas románicas e a fervenza de Augacaída. A pesar de que outras rutas xa están sinalizadas, esta, que atravesa os concellos de Pantón e O Saviñao, carece de sinalización adecuada. Solicítase ao Consorcio que instale sinais verticais de cor laranxa nos puntos de inicio e en áreas intermedias para mellorar a visibilidade e a conservación desta ruta de gran valor paisaxístico e patrimonial.
En segundo lugar, a carta aborda a problemática na praia da Cova, un área de alta afluencia turística que sofre problemas de mobilidade. Entre as propostas inclúen a modificación do percorrido do microbús lanzadeira, a implementación de circulación en senso único en certos tramos, a restrición de vehículos de máis de 6 metros e a colocación de paneis dixitais para informar sobre o aparcamento. Ademais, solicítase a protección estrita da paisaxe, evitando a ampliación da estrada.
A Asociación agarda que estas propostas sexan consideradas para mellorar a xestión do turismo e a calidade do entorno no Saviñao.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A SD Sarriana deixa claras as súas aspiracións, gañando ao Arosa na Lomba

Seguinte Nova

O mosteiro de Santo Estevo acolle unha xuntanza sobre a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial

Últimas noticias sobre TURISMO

Ir aInicio

Don't Miss