A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil retira a represa do río Cabe en Canaval

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil está a traballar na retirada da represa e do muro de formigón de Cubeiro. Foto GPCS.

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil iniciou hoxe as obras de retirada da represa e do muro de formigón no lugar do Cubeiro, no río Cabe, á altura da ponte da estrada N-120 entre os municipios de Sober e Pantón. Esta intervención forma parte do Programa de conservación e restauración de leitos da demarcación hidrográfica do Miño-Sil en Galicia.
As obras teñen como obxectivo reducir o risco de inundacións, restaurar a morfoloxía natural do leito e mellorar a permeabilidade do río para as migracións de especies piscícolas. Ademais, búscase recuperar o bosque autóctono de ribeira en áreas degradadas e reforzar a adaptación e resiliencia do ecosistema fronte ao cambio climático.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Hospital de Monforte realizou máis de 1.400 resonancias grazas ao servizo móbil do Sergas

Seguinte Nova

Pantón liderará o obradoiro de emprego Ricra VIII para mellorar a empregabilidade local

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss