A Rede Museística presenta a súa programación didáctica para o novo curso no Pazo de Tor

A presentación do catálogo de actividades tivo lugar no Pazo de Tor, coincidindo coa celebración do obradoiro “En tempo presente”. Foto GPVDL.

A Rede Museística Provincial lanzou a súa programación para o curso 2024-2025, dirixida a centros escolares de infantil, primaria e secundaria. A oferta, presentada pola deputada de Cultura Iria Castro e a xerente da Rede Museística Encarna Lago no Pazo de Tor, inclúe actividades tanto presenciais como virtuais, baseadas nos fondos do Museo Provincial de Lugo, o Museo do Mar de San Cibrao, o Museo Fortaleza San Paio de Narla e o Pazo de Tor. O obxectivo é vincular o patrimonio coa aprendizaxe, sensibilizar na conservación da memoria histórica e fomentar o pensamento crítico.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Monforte de Lemos celebra con éxito o III Encontro de Palilleiras da Ribeira Sacra

Seguinte Nova

Felipe Aira presenta o seu libro 150 crónicas monfortinas no Ateneo Casino de Monforte

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio

Don't Miss