A SD Sarriana deixa claras as súas aspiracións, gañando ao Arosa na Lomba

Foto AROSASC.

A SD Sarriana comezou a tempada de Terceira RFEF cunha vitoria destacada ao impoñerse por 0-1 ao Arosa na Lomba, ante un dos históriocs da categoría. O equipo de Jaime Paz logrou sumar os tres puntos grazas a un solitario gol de Santi Gegunde, que o ano pasado xogaba precisamente no conxunto vilagarcián. A Sarriana mostrou unha gran solvencia defensiva e unha notable capacidade de adaptación ao partido, confirmando as boas expectativas que rodean ao club esta tempada.
O encontro comezou cun Arosa moi activo en ataque, xerando perigo dende os primeiros minutos con Romay como protagonista. A pesar das súas insistentes chegadas, a defensa da Sarriana soubo manterse firme, e no minuto 10 respondeu cunha clara ocasión de Boedo a balón parado que se marchou por enriba do traveseiro.
O único gol do encontro chegou mediada a primeira parte, cando Santi Gegunde aproveitou un balón na frontal da área para batir a Álex Vila cun disparo raso e axustado ao poste. A partir de aí, o Arosa seguiu presionando, pero atopouse cunha defensa ben ordenada e cun Javi Liz seguro baixo paus.
Con esta vitoria, a Sarriana non só suma tres puntos valiosos, senón que reafirma a súa posición como un dos favoritos para pelexar polo ascenso. A recente incorporación de xogadores de calidade á súa plantilla reforza as expectativas dunha boa tempada.
O próximo partido da SD Sarriana será o 15 de setembro, cando recibirá ao CD Valladares en A Ribela ás 18:00 horas, coa intención de manterse nos postos nobres da clasificación.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Club Lemos comeza a liga cunha derrota

Seguinte Nova

A Asociación Veciñal do Saviñao solicita melloras para a sinalización e a xestión do turismo

Últimas noticias sobre DEPORTES

Ir aInicio

Don't Miss