Inaugurada a exposición de Walfraga na Casa da Cultura de Chantada

Walderine Silva traballa o estilo académico-figurativo utilizando a técnica de óleo sobre lenzo. Foto GPCCH.

O pasado venres, 6 de setembro, inaugurouse na Casa da Cultura de Chantada unha nova exposición da artista Walfraga (Walderine Silva), que estará aberta ao público ata o 30 de setembro. Nacida en Minas Gerais, Brasil, en 1968, Walfraga iniciou a súa carreira na pintura en 1990 e dende entón ten realizado exposicións tanto no Brasil como en España, en espazos como o Centro Cultural Puerta de Toledo, o Centro Cultural do Concello de San Martín de la Vega, e a Galería de Arte Arquestion de Ourense, entre outros.
Nesta ocasión, Walfraga achega unha colección que nos convida a explorar a riqueza das tradicións galegas a través do seu estilo académico-figurativo, con obras que retratan a Rapa das Bestas, os entroidos de Ourense, e outras escenas do folclore e a música galega, utilizando a técnica de óleo sobre lenzo. A exposición é unha viaxe visual que conecta as raíces culturais galegas coa mirada da autora.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Rafa Aguiar: 40 anos animando dende a radio…e fóra dela

Seguinte Nova

Novos casos de Enfermidade Hemorráxica Epizoótica nas comarcas de Lemos, Sarria, Chantada e Quiroga

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio

Don't Miss