O Hospital de Monforte realizou máis de 1.400 resonancias grazas ao servizo móbil do Sergas

O sistema tamén ten unha importante compoñente ambiental ao evitar os desprazamentos dos pacientes aos hospitais de referencia, permitindo o aforro de preto de 2.500 toneladas de CO2 nos seus 18 anos de funcionamento

O Hospital de Monforte continúa beneficiándose do sistema de resonancias magnéticas móbiles do Servizo Galego de Saúde (Sergas), que permitiu realizar 1.463 probas a 1.143 pacientes nos primeiros seis meses de 2024. Este modelo pioneiro no sistema sanitario público español, en funcionamento desde 2006, facilita o acceso equitativo ás resonancias magnéticas nos hospitais comarcais de toda Galicia, incluíndo o centro hospitalario de Monforte.

O sistema móbil, que tamén presta apoio a hospitais con resonancia fixa, destaca pola súa avanzada tecnoloxía, incluíndo a utilización de intelixencia artificial para mellorar a calidade das imaxes e reducir o tempo das probas. Ademais, a estrutura do equipo, cun imán de amplo diámetro (70 cms.), proporciona maior confort aos pacientes durante as exploracións.

A posta en marcha deste servizo ten un impacto positivo non só na atención sanitaria, senón tamén na sustentabilidade. Grazas a el, evitáronse numerosos desprazamentos dos pacientes a centros de referencia, aforrando máis de 32 millóns de quilómetros e preto de 2.500 toneladas de CO2 desde o seu inicio.

Durante o primeiro semestre de 2024, este sistema permitiu que hospitais coma o de Monforte melloraran a accesibilidade ao diagnóstico por imaxe, un exemplo máis do compromiso do Sergas por ofrecer unha atención sanitaria de calidade e próxima á cidadanía.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Hospital de Monforte contará cun novo equipo de mamografía dixital 3D para mellorar a detección do cancro de mama

Seguinte Nova

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil retira a represa do río Cabe en Canaval

Últimas noticias sobre SAÚDE

A %d blogueros les gusta esto: