
Este venres 13 de setembro ás 19:00 horas, o mosteiro de Santo Estevo acolleu unha nova xuntanza enmarcada na estratexia de participación cidadá para a candidatura de Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial da Humanidade. O encontro, impulsado pola Xunta, busca informar sobre o avance da candidatura e recoller as opinións da veciñanza e dos axentes locais.
A sesión, aberta a todos os veciños, asociacións veciñais e culturais, así como a comunidades de montes e outros axentes sociais, non require reserva previa.•