Rafa Aguiar: 40 anos animando dende a radio…e fóra dela

Mar LÓPEZ SOTELO, Reporteira gráfica de Radio Monforte

Amigos ribeiraos, poucos coñecedes a miña faceta como Educadora Social e Máster en Tratamento Educativo á Diversidade. Por esa razón, e a través deste artigo, quero darvos resposta a moitas das vosas preguntas acerca de por qué podo observar con certa sensibilidade, e comprender sen moito esforzo, as condutas das persoas coas que convivo. Por iso, tamén podo responder aos que me preguntades qué me levou a aceptar a proposta de Rafa Aguiar de ter o meu propio programa cultural, “Charlas con Mar”, en Radio Monforte.

Debaixo dunha aparencia de mozo descoidado, que fala polos cóbados e moi especialmente dun só tema, a música; un mozo sensible coas causas humanitarias, e que garda na súa memoria anécdotas, recordos, nomes e especialmente as datas exactas de todos os concertos que deron cantantes famosos nas Festas Patronais de Monforte. Debaixo de todas estas capas, dicía, escóndese unha admirable persoa que, a pesar das dificultades que lle causa o trastorno do neurodesarrollo, máis coñecido por TDAH, diagnosticado de neno pero sen recibir tratamento, chegou a cumprir o seu gran soño, crear a súa propia radio, que leva con orgullo o nome do Concello que o acolleu cando chegou con só 13 anos do seu Bilbao natal.
Pódomo imaxinar de neno: moi inquieto, ollos agudos, dándolle voltas á cabeza (porque non lle para) pensando en algo que non sabe cómo levar a cabo e, de súpeto, un bo día, na cociña da súa casa, ocórreselle investigar sobre o mundo da radio. Imaxinádesvos a ese rapaciño co micrófono detrás da súa nai para que lle conte como se cociña o pisto á bilbaína?

Do mesmo xeito que Rafa Aguiar, grandes personaxes do deporte, as artes ou a empresa, como Adam Levine, Jim Carrey, Michael Jordan, Bill Gates, Justin Timberlake, Will Smith, Jennifer Lawrence ou Steven Jobs ,foron diagnosticados con TDAH (Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade). Adam Levine, cantante e compositor da famosa banda Maroon 5, foi diagnosticado dende pequeno, e falou en varias entrevistas sobre a súas dificultades de concentración e de como loitou para non permitir que o TDAH interfirira entre el e a música. No caso do actor Jim Carrey, el mesmo confirma que o seu éxito débese a esta afección. De Michael Jordan, estrela da NBA, estaban convencidos de que xamais chegaría a concentrarse. Bill Gates, inquieto e distraído abandonou a Universidade de Harvard para revolucionar a tecnoloxía e o mundo tal e como o coñecíamos. O deportista Michael Phelps, coas súas 18 medallas olímpicas, ou o admirado actor Sylvester Stallone, foron outros destacados exemplos de persoas con este trastorno que, a pesar das dificultades, as persoas podemos canalizar as nosas enerxías para facer cousas positivas e beneficiosas.

No seu día a día, Rafa segue a superar a discapacidade, o bullying, a incomprensión social…Despois de 40 anos buscando o seu destino, chega a cumprir o soño da súa vida, “Radio Monforte”, redondeándoo coa inclusión dun programa musical chamado “Os Heroes Esquecidos”. O programa está adicado a contar a historia da música e a súa evolución a través dos tempos.
Con esta iniciativa, Rafa demostra que non lle gusta facer este camiño só, pola contra, encántalle que camiñemos ao seu lado.

¿Entendedes agora por que decidín aceptar dirixir «Charlas con Mar» e ser a súa reporteira gráfica?
Grazas, querido “Xefe”, por aceptar a miña compañía. Síntome moi orgullosa de formar parte do teu equipo. ¡Rafa, feliz 40º aniversario como “performance” da música a través da Radio! •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Últimos días para ver as “Doazóns” de Roberto González ao Museo de Belas Artes da Coruña

Seguinte Nova

Inaugurada a exposición de Walfraga na Casa da Cultura de Chantada

Últimas noticias sobre SOCIEDADE

A %d blogueros les gusta esto: