Axudas para potenciar a rede de técnicos de emprego e apoiar a contratación de máis de 200 axentes dinamizadores da economía local

O obxectivo é apoiar aos consistorios na implantación das políticas activas de emprego. Foto ENVATO.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar dúas ordes de axudas da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, cun orzamento total de 3,4 millóns de euros, dirixidas a apoiar a contratación e prórroga de axentes de emprego nos concellos e entidades sen ánimo de lucro. Esta iniciativa pretende fortalecer a Rede de Técnicos de Emprego de Galicia, co obxectivo de impulsar políticas activas de emprego que fomenten a creación de novas empresas e a inserción laboral de colectivos vulnerables, como persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social.
Do orzamento total, 2,2 millóns de euros destinaranse á convocatoria de axentes de emprego e desenvolvemento local nos concellos, mentres que 1,2 millóns de euros serán para axentes en entidades sen ánimo de lucro. En total, prevese financiar a contratación de máis de 200 axentes, a maioría nos concellos, ademais de aproximadamente 40 axentes en entidades sen ánimo de lucro.
As funcións principais destes axentes inclúen a promoción da actividade empresarial local, actuando como promotores e asesores de proxectos empresariais, así como como prospectores de mercado. Desta forma, contribuirán á dinamización da economía local e á xeración de novas actividades no ámbito rural. Ademais, colaborarán na promoción da igualdade de oportunidades e no acompañamento técnico para o inicio de proxectos empresariais, asesorando sobre a viabilidade técnica, económica e financeira dos mesmos.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Convocadas axudas por 1,2 millóns de euros á rehabilitación de vivendas nas Áreas de Rehabilitación dos Camiños de Santiago e Ribeira Sacra

Seguinte Nova

Monforte volveu gozar das festas de San Mateo

Últimas noticias sobre AXUDAS

Ir aInicio

Don't Miss